Currículo de Técnico Deportivo Superior de Atletismo


14 Ago, 2017

Luns 14/08/2017    DECRETO 80/2017, do 15 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Atletismo.    A competencia xeral do ciclo de grao superior en Atletismo consiste en programar e dirixir o adestramento deportivo orientado cara á obtención e mantemento do rendemento en atletas e equipos; organizar, tutelar e dirixir a participación destes/as en competicións de alto nivel; coordinar a intervención de persoal técnico especialista; programar as tarefas e coordinar o persoal técnico ao seu cargo; organizar competicións e eventos propios da iniciación e tecnificación deportiva, e todo iso de acordo cos obxectivos establecidos, o nivel óptimo de calidade e nas condicións de seguridade.    Este profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa a Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, centros de alto rendemento e clubs deportivos e sociais, centros educativos, empresas de servizos deportivos, que ofrezan actividades deportivo-recreativas, alto rendemento en atletismo.    As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes e estas profesionais son os seguintes:a) Adestrador ou adestradora de atletismo de alto nivel.b) Director ou directora técnico/a.c) Director ou directora de escolas deportivas.d) Director ou directora de instalacións de atletismo.