Proxecto E - DIXGAL


08 Ago, 2017

Martes 08/08/2017   Relación definitiva de centros seleccionados  na convocatoria para participar no proxecto E-DIXGAL  

  Xoves 20/07/2017  Relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto E-DIXGAL    **Establécese un prazo de dez días hábiles para que os centros interesados podan efectuar as posibles reclamacións e renuncias        Relación provisional de centros seleccionados   

Venres 26/05/2017     RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2017/18.    Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) para o curso 2017/18.Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.    Poderán participar no procedemento de selección da presente convocatoria os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia adscritos á Rede Abalar que impartan no  curso 2017/2018 ensinanzas de 5º e 6º de educación primaria e/ou 1º e 2º da ESO. Os centros que participaron na convocatoria do proxecto E-Dixgal realizada mediante Resolución do 22 de abril de 2014 (DOG do 30-04-2014) e resultaron elixidos, entenderanse automaticamente prorrogados na súa participación e non precisarán realizar nova solicitude como consecuencia do proceso de continuidade e consolidación do proxecto. Pódense ver as mostras dos libros e toda a información do Proxecto na seguinte ligazón: https://eva.edu.xunta.es/course/index.php?categoryid=218Usuario: edixgalContrasinal: edixgal