Venres 04/08/2017 ORDE do 19 de xullo de 2017 pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades. Martes 11/07/2017 CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades. Martes 04/07/2017 DECRETO 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades. 1. Fusión de centros de educación infantil e primariaOs colexios de educación infantil e primaria Emilio Navasqüés e Plurilingüe Serra de Outes, ambos do Concello de Outes (A Coruña), fusiónanse nun único centro coa denominación de Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes, con código de centro 15033101, con capacidade para 6 unidades de infantil e 12 unidades de primaria. 2. IntegraciónO Centro Público Integrado Monte Caxado das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) extínguese, o alumnado de educación infantil e primaria intégrase no Colexio de Educación Infantil e Primaria A Magdalena (código de centro 15023429) e o alumnado de educación secundaria obrigatoria no IES Moncho Valcarce (código de centro 15025694), ambos centros da mesma localidade.3. Transformación de centros públicos integrados en colexios de educación infantil e primaria1. O Centro Público Integrado Plurilingüe Tomás de Lemos de Ribadavia (Ourense), transfórmase en Colexio de Educación Infantil e Primaria Tomás de Lemos, código de centro 32011305, e as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria trasládanse ao IES O Ribeiro da mesma localidade.2. O Centro Público Integrado da Ribeira do Porriño (Pontevedra) transfórmase en Colexio de Educación Infantil e Primaria da Ribeira, código de centro 36019529, e as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria trasládanse ao IES Ribeira do Louro da mesma localidade.Disposición adicional única. Situación do profesorado dos centrosA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determinará as necesidades e a situación do profesorado dos centros afectados por este decreto, en aplicación do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el e demais normativa de aplicación.