OPE - Universidade USC


18 Xul, 2017

Martes 17/07/2017   RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2017.    Publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2017, que consiste en 35 prazas de profesorado con vinculación permanente. Do total de prazas, 15 son de profesorado contratado doutor, e delas ofértanse 4 prazas para dar cumprimento á obriga de destinar un 15 % do total de prazas á incorporación de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivera o certificado I3, tal e como se recolle no artigo 19.Un.2.j) da Lei 3/2017, 10 prazas de profesor titular de universidade pola quenda libre e 10 prazas de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna.    Coa finalidade de dar unha maior difusión ás convocatorias de concursos relacionados con esta oferta de emprego, así como dos actos que deriven deles, na páxina web do Servizo de Planificación de PDI da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado), na sección de Convocatorias de prazas, poderase consultar a documentación correspondente.