Transformación de IES en CIFP


04 Xul, 2017

Martes 04/07/2017    DECRETO 59/2017, do 22 de xuño, polo que se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia en centros integrados de formación profesional.    Transfórmanse en centros integrados de formación profesional, incorporándose á Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, os seguintes centros:– Instituto de Educación Secundaria Imaxe e Son da Coruña (código 15027800).-– Instituto de Educación Secundaria As Mercedes de Lugo (código 27006528).   A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determinará as necesidades e a situación do profesorado dos centros afectados por este decreto, en aplicación do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo de antigüidade no centro en función das causas de acceso a el e demais normativa de aplicación.