Apertura de listas de interinidades e substitucións de RELIXIÓN EVANXÉLICA PRIMARIA


18 Feb, 2021

WEB - Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402)

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles do 19 de febreiro ata o día 4 de marzo.

Ler: Resolución do 18 de febreiro de 2021 

Impreso de autobaremación méritos

Procedemento de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

Lembrar anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución e a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Resolución do 13 de outubro (DOG)