ANPE esixe á Consellería instrucións claras para os procesos selectivos


10 Feb, 2021

WEB - ANPE GALICIA MANTÉN UNHA XUNTANZA CO SECRETARIO XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, JOSÉ LUIS MIRA na que abordamos diferentes cuestións.

1.ANPE GALICIA ESIXE Á CONSELLERÍA INSTRUCIÓNS CLARAS E PRECISAS PARA AFRONTAR A REALIZACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS COA MAIOR GARANTÍA DE SEGURIDADE E SAÚDE POSIBLE.

A Consellería debe aclarar, o antes posible, as medidas de garantía da saúde dos e das aspirantes e dos membros dos tribunais que ten pensado instaurar para a celebración dos procesos selectivos que deben ter lugar, se a situación da pandemia o permite, no mes de xuño de 2021.

Para ANPE deben quedar perfectamente claros aspectos como a organización dos tempos e dos espazos, as medidas e materiais de protección que se van a empregar, como se van a xestionar os hipotéticos casos de aspirantes positivos ou en corentena por causa da COVID-19 e outras moitas cuestións de índole organizativo que permitan garantir a celebración dunhas oposicións o máis seguras posible dentro da situación extraordinaria provocada pola pandemia. Consideramos que ditas medidas deben ser coñecidas polos aspirantes coa antelación suficiente para, deste xeito, contribuír a unha mellor organización e unha diminución da sensación de inquedanza no colectivo opositor.

2. Xulio Díaz trasladou as inquedanzas de ANPE polas dúbidas e problemas que plantexa a consideración de corpo a extinguir dos Profesores Técnicos de Formación Profesional tras a entrada en vigor da LOMLOE o pasado día 19 de xaneiro. 

Solicitamos expresamente, a convocatoria  da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos e da Mesa Sectorial de Educación para abordar a cuestión de como van a quedar configuradas as listaxes de interinidades e substitucións das especialidades do corpo a extinguir tendo en conta que o Ministerio establece que é unha cuestión de ámbito autonómico. Así mesmo, lle trasladamos a inquedanza pola situación na que poden quedar os aspirantes que superen os procesos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 en especialidades do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional.

Por outra banda, e tras os constantes rumores de transformación de IES en Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP), desde ANPE Galicia demandámoslle ao Secretario Xeral que se fixesen públicas as intencións da Consellería o antes posible e que aclare a situación na que queda o profesorado do Corpo de Profesores de Ensino Secundario dos centros afectados e o alumnado dos mesmos. Así mesmo, demandámoslle a retirada das vacantes provisionais do corpo de PES nos centros afectados para minimizar as repercusións no profesorado de ditos centros. Agardamos e pedimos a transparencia que lle faltou a Administración Educativa en anteriores transformacións de centros en CIFP.

3. ANPE GALICIA ESTÁ A FACER AS XESTIÓNS OPORTUNAS NA CONSELLERÍA PARA QUE A PUNTUACIÓN POR PRESTAR SERVIZOS EN CENTROS DE DIFÍCIL DESEMPEÑO CONTE NO BAREMO DO CONCURSO DE TRASLADOS INDEPENDIENTEMENTE DE QUE SE CONCURSO DESDE ESTE TIPO DE CENTROS.

Dúas sentenzas do Tribunal Supremo instan ás Administracións Educativas a baremar no Concurso Xeral de Traslados o tempo que os funcionarios de carreira traballasen en postos de especial dificultade, á marxe de que sexa un posto de traballo distinto desde o que se concursa. Esta nova interpretación xa está vixente nalgunha Comunidade Autónoma, como é o caso de Castela A Mancha, onde se orixinou o proceso. Desde ANPE Galicia estamos facendo as xestións pertinentes diante da Consellería de Educación para que recoñeza de oficio dita puntuación tal e como se recolle nas anteriormente citadas sentenzas do Tribunal Supremo.

4. ANPE GALICIA DEMANDA COÑECER AS IMPLICACIÓNS DA APROBACIÓN DA LOMLOE EN CUESTIÓNS ORGANIZATIVAS DOS CENTROS EDUCATIVOS

A entrada en vigor da LOMLOE supón, tal e como establece a disposición final quinta, a aplicación das modificacións relativas á participación e competencias do Consello Escolar, Claustro e dirección e, así mesmo, modificacións na selección da dirección dos centros públicos. ANPE Galicia esixe coñecer o alcance de ditas modificacións e a calendarización das mesmas. Así mesmo solicitamos á Consellería de Educación unha aclaración sobre si será necesaria ou non a realización do Curso de Función Directiva para poder acceder á dirección dun centro público.

5. ANPE Galicia tamén demandará a sinatura do convenio de colaboración entre MUFACE e o SERGAS para a prestación de servizos sanitarios no ámbito rural e que, a estas alturas do ano, está aínda sen asinar, a diferenza do que acontecía en anos anteriores onde se asinaba a prórroga de dito convenio nos primeiros días do mes de Xaneiro. Consideramos vital para unha Comunidade Autónoma como a nosa, eminentemente rural, a sinatura de dito convenio que garanta a prestación de servizos sanitarios de calidade para os mutualistas de MUFACE con residencia no rural galego e así llo trasladamos ao Secretario Xeral.