CXT 2020/21 - Concurso de Traslados entre o profesorado de RELIXIÓN


14 Dec, 2020

DOGORDE do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.

A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt.

1. As prazas solicitaranse especificando o código do centro base que consta na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020.

2. A solicitude, polo tanto, non se fai polo código da praza que tamén consta na relación de postos de traballo.

3. O persoal concursante presentará unha única instancia por nivel educativo, que se poderá imprimir e descargar unha vez cubertos os datos de participación no concurso a través do enderezo web.

4. No suposto de participar no concurso por máis dun nivel educativo, presentarase unha solicitude por cada nivel en que se participa.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, deberá terse en conta que, para outros efectos distintos do concurso de traslados, as secretarías dos centros docentes non son unha das oficinas en que poden presentarse documentos dirixidos a calquera organismo público.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha solicitude nin a modificación das presentadas.