Instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou con convintes vulnerables pola Covid-19


03 Dec, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020/21 como consecuencia da pandemia da COVID-19.

Establecer o procedemento de actuación que se debe seguir na atención educativa aos alumnos e alumnas que non poidan asistir ao centro educativo por razóns xustificadas.

() alumnado convalecente por un tempo superior a 1 mes. 

() De acordo co número 2.4 do citado protocolo, para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, corresponde á dirección do centro valorar, en primeira instancia, se as faltas de asistencia á clase dun alumno ou alumna se consideran xustificables.

** No caso de que as faltas de asistencia poidan tipificarse como non xustificadas, aplicarase o citado protocolo. Realizada a pertinente reunión coa nai, o pai ou as persoas titoras legais ou gardadoras do alumno ou alumna, se non se atopa unha solución ao absentismo, a dirección debe realizar a correspondente comunicación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa e ao concello, no prazo de 30 días naturais desde o inicio do expediente, por medio do documento anexo X do Protocolo, con todos os documentos que conforman o expediente.

Analizado o expediente polo Servizo Territorial de Inspección Educativa, emitirá informe á xefatura territorial propoñendo se debe ser devolto á dirección do centro, con indicación das actuacións que hai que desenvolver, ou se se debe trasladar o expediente á comisión provincial de seguimento (CPS) ante as posibles situacións de absentismo con orixe na COVID-19 para a súa valoración.

 A CPS, analizado o expediente, poderá determinar que non se xustifica a situación de absentismo e proporá a elevación do expediente ao Ministerio Fiscal, a través da xefatura territorial de Educación, por apreciación dunha posible situación de vulnerabilidade para o menor.

** No caso de que a CPS, unha vez analizada a documentación presentada, determine que a non asistencia ao centro do alumno ou da alumna está xustificada, proporá a adopción das medidas necesarias para a adecuación da resposta educativa á súa situación.

Procederase de xeito similar no caso de que a dirección do centro considere a non asistencia ao centro do alumno ou da alumna xustificada, en virtude do previsto no artigo 3.1.

A atención educativa ao alumnado que non poida asistir ao centro realizaraa o profesorado de cada área, materia, ámbito ou módulo do centro educativo en que está matriculado e, no caso de imposibilidade apreciada pola dirección do centro, polo equipo docente ou departamento didáctico correspondente.

 No caso de que esa atención educativa non poida realizarse desde o centro educativo, a dirección deberá comunicarllo ao Servizo Territorial de Inspección Educativa formalizando o informe xustificativo.

No caso de proposta de atención polo equipo provincial AVA, a Xefatura Territorial emitirá unha resolución que concretará a asignación horaria en función da etapa educativa do alumno ou alumna e que nunca superará as 5 horas semanais. A resolución comunicarase ao equipo AVA provincial e ao centro docente, que dará traslado inmediato desta resolución á nai, ao pai ou ás persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno.

 O alumnado que nestes momentos estea a recibir atención educativa domiciliaria, conforme o Protocolo de prevención, detección e atención educativa domiciliaria no ámbito educativo, terá a posibilidade de incorporarse a esta modalidade de atención virtual logo de solicitude da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras da alumna ou do alumno á dirección do centro educativo en que está matriculado, que realizará a súa tramitación á xefatura territorial.

O Servizo Territorial de Inspección Educativa, analizados os horarios do persoal do centro, emitirá o correspondente informe á xefatura territorial no cal se proporá a atención educativa de este alumnado por parte do persoal do centro ou polo equipo provincial de atención virtual ao alumnado (AVA).

No momento en que o alumno ou a alumna se incorpore ao ensino presencial no centro educativo, a dirección deberá comunicalo á xefatura territorial.