Informe anual do DEFENSOR DO PROFESOR de ANPE


25 Nov, 2020

WEB - Informe Anual do Defensor do Profesor 2019-2020

O Defensor do Profesor é un servizo de atención inmediata e gratuíta para docentes vítimas de situación de conflitividade e violencia nas aulas, posto en marcha por ANPE en Galicia o 24 de abril de 2006, como primeira medida de apoio ante a indefensión do profesorado e como chamada de atención sobre o problema da violencia escolar.

É un servizo aberto a todo o profesorado sen distincións e operativo en todas as comunidades autónomas, para favorecer a atención personalizada a todos os docentes e que xa leva atendido, desde a posta en marcha do servizo a máis de 2.100 docentes na nosa Comunidade.

Nos datos que presentamos para Galicia, clasificamos as chamadas por sexo, por corpo e por tipoloxía, tentando neste último período de estudo axustar a súa definición algo mellor ao tipo de intervención que requiriu cada unha delas; polo que presentamos a incidencia de chamadas divididas en:

  • Administrativas: aquelas que se poden solucionar a través da intervención directa do profesorado afectado ou ben a través da propia organización sindical que se encarga de facilitarlle os trámites pertinentes.
  • Psicolóxicas: aquelas nas que se necesita asesoramento psicolóxico por parte dun profesional.
  • Xurídicas: aquelas que requiren a participación do asesor xurídico para a súa solución ou ben a realización de algún trámite de tipo xurídico

          NOTA de PRENSA