Resolución do programa Radio na Biblio


26 Out, 2020

WEBResolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se dá a coñecer a relación dos 30 centros que se integran no programa Radio na Biblio  no presente curso 2020/21, así como a relación de centros de continuidade (79)

O programa Radio na biblio pretende o reforzo das competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación do alumnado, mediante a creación dunha emisora ou laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar e contribúe á consecución dos obxectivos  do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares,  da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para o período 2016-2020