Currículo de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistería Artística


24 Out, 2017

 DOG_DECRETO 103/2017, do 7 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística.
 
   Segundo o establecido no número 3.1 do anexo I do Real decreto 219/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística pode desenvolver a súa actividade como profesional autónomo/a ou como traballador/a por conta allea, en empresas e talleres de carácter artesanal e artístico relacionados coa execución de proxectos de realización de obras e conxuntos mobiliarios de ebanistaría artística, realizando o seu labor no marco das funcións e obxectivos asignados ao seu posto de traballo e coordinando pequenos grupos de traballo de profesionais de inferior nivel ou baixo a dirección do/da conservador/a restaurador/a en traballos de restauración de mobiliario artístico.
 
   De conformidade co número 3.2 do anexo I do Real decreto 219/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística pode exercer a súa profesión no sector artesán relacionado cos proxectos de realización e restauración de mobiliario de ebanistaría artística, entre outros, no sector das artes plásticas e noutros sectores de produción industrial que requiran os seus servizos.

Igualmente, pode integrarse en empresas do sector da conservación e restauración de bens culturais, en asociación ou baixo a dirección de conservadores/as restauradores/as de bens culturais.

  Segundo o establecido no número 3.3 do anexo I do Real decreto 219/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Ebanistaría Artística é un/unha profesional cualificado/a para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:

a) Encargado/a de taller de ebanistaría artística.

b) Ebanista.

c) Asistente técnico en restauración de mobiliario artístico.

171024_fp(1)