Calendario para a elección de membros dos Consellos Escolares


08 Out, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Pola súa parte, o Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro, establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes.

A Orde do 21 de outubro de 1996 pola que se determinan aspectos para a elección dos membros do consello escolar nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos, establece o procedemento de integración no consello escolar do profesorado, do alumnado e dos pais e nais do alumnado do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria que cursen estudos nun centro de primaria, e determina a composición dos consellos escolares dos institutos de educación secundaria con menos de oito unidades.

As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 27 de novembro de 2020, ambos os dous incluídos...

A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 2 e 5 de novembro de 2020, ambos os dous incluídos.

As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2020/21 realizaranse entre os días 9 e 12 de novembro de 2020, ambos os dous incluídos.