Plan Proxecta


11 Out, 2017

Plan Proxecta

Mércores 11/10/2017

 Prorrógase ata o venres 20 de outubro de 2017 o prazo para solicitar a participación na convocatoria 2017/18 do Plan Proxecta..
 
 
Venres 15/09/2017

  
    Resolución de Plan Proxecta 2017/18 , da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2017/18.
   Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que poden ser consultados na web de Proxecta (véx. Programas).
   Prazo de solicitude: do 16/09/2017 - 16/10/2017 (no caso dos programas do CGAI, véx. a seguinte ligazón).
  
   Solicitude: a traves da aplicación de Plan Proxecta (https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/).