Currículo de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas


17 Out, 2017

Currículo de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas

Martes 17/10/2017

 
 
   De conformidade co número 2.1 do anexo I do Real decreto 218/2015, do 27 de marzo, a competencia xeral do título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas consiste en:

a) Elaborar obra orixinal escultórica de calidade técnica e artística, a partir do propio proxecto ou dun encargo profesional determinado.

b) Planificar a elaboración, mediante a definición dos aspectos estéticos, formais, funcionais, materiais e de produción.

c) Organizar e levar a cabo as diferentes fases do proceso garantindo a seguridade das operacións e realizando os controis de calidade correspondentes ata a obtención do produto rematado.

   De conformidade co no número 3.1 do anexo I do Real decreto 218/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas desenvolve a súa actividade como profesional autónomo ou como traballador/a por conta allea en empresas e talleres de carácter artesanal ou artístico relacionados coa execución de proxectos de realización de obra escultórica, realizando o seu labor no marco das funcións e obxectivos asignados ao seu posto de traballo e coordinando pequenos grupos de traballo de profesionais de inferior nivel.
 
   De acordo co establecido no número 3.2 do anexo I do Real decreto 218/2015, do 27 de marzo, a persoa que obtén o título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas pode exercer a súa profesión nos sectores produtivos no ámbito público ou privado, en medianas e pequenas empresas mediante sistemas de produción industriais e en talleres artesanais e artísticos mediante sistemas de produción semi-industrial e artesanal.