Fondo de Acción Social (FAS) - convocatoria e criterios de repartición 2019


20 Xul, 2020

DOGRESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do fondo de acción social, para o exercicio económico do ano 2019, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

As axudas do fondo de acción social para o persoal empregado público están condicionadas pola aplicación da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, que no seu artigo 3 suspende a concesión ou aboamento de calquera axuda derivada do concepto de acción social, agás a axuda por persoa con discapacidade, que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa. As axudas para atender as persoas con discapacidade que se convocan están dirixidas ao persoal funcionario, incluído o persoal docente, e persoal laboral do V Convenio colectivo único, ademais dos profesores de relixión que prestasen servizos durante o ano 2019 e estean na situación de servizo activo.

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm

Unha vez cuberta, a persoa interesada imprimirá, asinará e presentará a solicitude dentro do prazo dos dez días seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro, xunto coas copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

ANPE SOLICITA A RECUPERACIÓN DAS AXUDAS DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL ELIMINADAS DENDE FAI 8 ANOS PARA TODO O PERSOAL DOCENTE!!!!