Concurso de méritos para praza de lingua e literatura galegas no centro Vicente Cañada Blanch (Londres)


22 Xun, 2020

DOGORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no Colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

a) Ser persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de mestres que ademais conte coa licenciatura en filoloxía hispánica (subsección galego-portugués), filoloxía románica (subsección galaico-portuguesa) ou filoloxía galega, e mais os catedráticos, catedráticas, profesores e profesoras de ensino secundario de lingua e literatura galegas. 

b) Ter unha antigüidade de polo menos dous anos como persoal funcionario na función pública docente. 

c) Ter impartido docencia directa como persoal funcionario durante un período de polo menos dous anos, e ter impartido durante eses dous anos a materia de lingua e literatura galegas.

d) Estar en situación de servizo activo e estar prestando servizos nun centro educativo ou organismo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. 

Para as solicitudes utilizarase o modelo de formulario que figura no anexo I.

A solicitude e a documentación dirixírase ao Servizo de Profesorado de Educación Secundaria, Formación Profesional e Réxime Especial; Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.