Nin un máis atrapado nas Redes. Loita contra o ciberacoso


02 Mai, 2020

WEB - 2 de maio. Día Internacional contra o acoso escolar: Nin un máis atrapado nas redes. Loita contra o ciberacoso

ANPE, desde o servizo do Defensor do Profesor, un servizo de atención inmediata e gratuíta para docentes vítimas de situacións de conflitividade e violencia nas aulas, na súa firme aposta pola convivencia nos centros educativos, puxo en marcha varias campañas sobre o bo uso do móbil e as redes sociais en centros educativos dirixida ao alumnado de Ensino Secundario, Formación Profesional e Bacharelato, e aos pais e nais de Infantil e Primaria.

O confinamento provocou unha única forma de comunicarnos e de traballar no ámbito educativo: a tecnoloxía. Esta forma exclusiva de comunicación favoreceu que a comunidade educativa coñeza novas plataformas educativas, recursos online, aplicacións de videoconferencias, compartir o noso tempo con amigos, etc., pero tamén desenvolveu aspectos negativos como o incremento do ciberacoso en redes sociais en alumnos que xa o sufrían e a aparición de novos casos de acoso telemático que dan continuidade á violencia ocasionada na aula, agora interrompida pola nova situación.

A proliferación do mal uso das redes sociais e dos grupos de mensaxería está cada vez máis presente na nosa sociedade, sendo reflexo directo o que está a ocorrer entre os nen@s e moz@s.

O servizo do Defensor do Profesor detectou, no primeiro trimestre do curso escolar, un incremento alarmante de denuncias do profesorado polo mal uso dos grupos de WhatsApp e das distintas redes sociais (Facebook, Instagram, TikTok,…) por parte de alumnado de centros de Ensino Secundario, nas que destacan gravacións, difamacións, insultos ou ameazas a docentes ou a outros alumnos. Este repunte concorda cos informes sobre o tempo de confinamento dedicado a plataformas e redes sociais.

Segundo o estudo «Impacto do coronavirus no uso do móbil» elaborado pola compañía Smartme Analytics, os internautas españois usan un 38,3% máis o teléfono móbil. Outro informe de Comscore recolleito polo Economista sinala que España lidera nestes momentos o tráfico destas plataformas, apuntando que o consumo de información de redes sociais como Twitter, Facebook, Instagram ou LinkedIn creceu un 55%.

ANPE e o servizo do Defensor do Profesor sempre tivo un compromiso firme coa convivencia escolar e seguirá denunciando esta secuela de violencia e acoso escolar nos centros, apostando polas boas prácticas educativas en prol da convivencia escolar, e solicita a cooperación do alumnado, familias, Administración, e todos aqueles que participan do proceso educativo, para xerar un ambiente propicio para unha educación de calidade.