Real Decreto-lei 15/2020, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego.


22 Abr, 2020

BOE Real Decreto-lei 15/2020, do 21 de abril, de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego.

Disposición transitoria segunda. Réxime transitorio na xestión do Réxime de Clases Pasivas.

Disposición final primera. Modificación del texto refundido de la Ley de Clases Pasivas del Estado, aprobado por el Real Decreto Legislativo 670/1987, de 30 de abril.

>>> Neste BOE do 22 de abril de 2020 inclúense as disposicións arriba reseñadas sobre o transvasamento da xestión das clases pasivas ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

De momento este decreto o que fai é un cambio competencial, o que antes dependía do Ministerio de Facenda, que era a dirección xeral de custos de persoal e pensións públicas pasa agora ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Pero a integración estrutural de ningún xeito supón que desapareza o réxime especial de clases pasivas e a normativa que o sustenta, senón que se vai xestionar desde outro ministerio.

Isto afecta á idade de xubilación ou ao que cobraremos os pertencentes ao réxime para extinguir de clases pasivas? A día de hoxe NON.

Agora ben, as preocupacións de fronte ao futuro están sempre aí (levamos vixiantes desde o 2011) porque poderían modificar ou derrogar este réxime, en función da vontade política e veremos  cando acabe esta situación xerada polo virus a que realidade económica enfrontámonos e a que posibles axustes orzamentarios.

Desde ANPE estaremos atentos a calquera posible movemento no devandito sentido para defender os nosos dereitos adquiridos, esixir a máxima transparencia e impugnar calquera posible modificación que afecte aos devanditos dereitos, sobre todo, se se adopta a través de vías ou métodos tan cuestionables como este, polo medio dun Real Decreto-lei obviando o trámite parlamentario.