IMPORTANTE - Trámites administrativos que seguen operativos pese ao Estado de Alarma


17 Abr, 2020

WEB -  Trámites administrativos que seguen operativos  pese ao Estado de Alarma

Desde ANPE GALICIA lembramos que aínda que , DURANTE O ESTADO DE ALARMA OS PRAZOS ADMINISTRATIVOS de certos trámites ESTÁN PARALIZADOS, hai outros que seguen abertos.

Lembrámosvos que ainda que as convocatorias tipo oposicións, comisións... están aprazadas o resto de trámites administrativos tipo xubiliacións tanto voluntarias como prórrogas, baixas, altas, licenzas e excedencias seguen o trámite habitual. 

O que se nos traslada dende a consellería é que nesta situación excepcional son flexibles co procedemento, se alguén ten problemas coa sede electrónica pode enviar as solicitudes por mail.

Tede en conta que pola situación actual poden tardar un pouco máis do habitual.

Se tedes dúbidas sobre algún trámite en concreto, contactade con nós polas canles habituais.