FP - Convocatoria de probas para carnés e habilitacións profesionais


12 Feb, 2020

DOGORDE do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2020 (código de procedemento ED527A).

 As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión nas probas mediante solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas (importe de 40,77 euros), validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso. O modelo de impreso, os datos e os códigos que se deben indicar son os seguintes:

Modelo A.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Código 07.

Delegación de Servizos Centrais. Código 13.

Servizo de Xestión da Formación Profesional. Código 03.

Taxa. Denominación: capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de industria. Código 320701.

 

 Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de febreiro ao día 3 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. 

 Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xuño ao día 3 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.