Comisión de seguimento de INTERINOS - Resumo


24 Mar, 2017

Venres 24/03/2017   Tras a reunión mantida hoxe CONFIRMAMOS que aos substitutos se lles recoñecerá de oficio os días de vacacións como tempo traballado en educación sen necesidade de reclamacións.
 A Consellería de Educación computará nas oposicións como días traballados as vacacións de 3.000 interinos e substitutos. A efectos da Seguridade Social, os períodos de descanso destes profesores xa estaban incluídos na súa vida laboral e ademais cotizaban por eles, pero a administración non os tiña en conta nas ofertas públicas de emprego, onde o tempo traballado na Xunta  é un dos baremos que se valoran para conseguir a praza.  A principal vantaxe é que estes profesores terán así máis puntos, ao recoñecerlles os días de vacacións, e por tanto máis opcións de conseguir unha praza nas oposicións de educación. Pero tamén lles supoñerá beneficios económicos, posto que estes períodos de descanso computarán á hora de calcular os trienios e os sexenios. E ademais, para actualizar as nóminas, a norma aplicarase cunha retroactividad de cinco anos. É dicir, Educación computará os días de vacacións gozados no último quinquenio e, a partir de aí, comprobará se os docentes substitutos e interinos teñen dereito a cobrar trienios ou sexenios e mesmo se lles abonarán atrasos.      RESUMO do documento que a Administración plasmará nun novo texto que esta Comisión estudará e pulirá nunha nova xuntanza.
 
     Hoxe venres pola mañá terá lugar  na Consellería a REUNIÓN da comisión de seguimento do Acordo de interinos  entre responsables da Administración e as OOSS firmantes do acordo (ANPE, CCOO, FETE_UGT e CSIF).      ANPE-GALICIA, despois de meses de xestión, espera que na comisión de seguimento de interinos se nos informe, entre outras cousas de cal será o procedimento que se seguirá no recoñecemento como TEMPO TRABALLADO das vacacións do profesorado substituto. Dende ANPE propuxemos o recoñecemento de oficio para evitar que os interesados teñan que embarcarse en reclamacións ou solicitudes que só retrasan o proceso.Insistiremos na urxencia da medida xa que moitos deles poderían verse afectados si ao final é posible a convocatoria de oposicións no mes de xuño.