Formación Profesional Dual (06/2017)


21 Xun, 2017

Mércores 21/06/2017     ORDE do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.    A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo II.    A distribución de módulos para cada ciclo formativo e curso escolar establécese no anexo III.    Cada solicitante presentará unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irá dirixida á dirección do centro educativo.    Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xuño ata as 13.00 horas do día 30 de xuño de 2017.