Convocatoria lectorados lingua, literatura e cultura galegas


24 Mai, 2017

Mércores 24/05/2017     ORDE do 2 de maio de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110B).    Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade, de cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110B) nos centros de estudos galegos localizados nas universidades de: Barcelona, Cork, Deusto, Heidelberg e Miño.    A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.       O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua a literatura e a cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección do responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con este. As ditas actividades non se limitarán ao ámbito académico universitario senón que tamén abranguerán a súa área de influencia.    Poderán participar nesta convocatoria:  - Menores de 35 anos.  - Licenciaturas en Filoloxía Galega, Románica con galego, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en estudos de Galego e Español, Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.    As prazas de Alemaña e Irlanda: Licenciatura en Traduccción e Interpretación con 27 créditos en galego e 21 na lingua oficial ou inglés ou Grao en Traducción e Interpretación con 30 créditos e 21.     As solicitudes presentaranse no modelo normalizado recollido como anexo I nesta orde. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo http://www.lingua.gal/portada     O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.