ANPE urxe ao Ministro a convocatoria de Mesa Sectorial


12 Xan, 2017

Xoves 12/01/2017 
   As cinco organizacións sindicais representativas do persoal docente non universitario (CCOO, STES-i, CSI-F, ANPE e UXT) enviaron unha carta conxunta a Íñigo Méndez de Vigo na que instan ao ministro de Educación a celebrar unha reunión antes de que finalice o mes de xaneiro para abordar as reivindicacións urxentes do profesorado.
 
   O pasado 13 de outubro as organizacións sindicais asinantes deste escrito puxémonos en contacto co Ministro para transmitirlle a nosa preocupación polo estado da educación no noso país, así como polo desenvolvemento normativo da Lei que está a facer o MECD e polas propostas orzamentarias enviadas polo Goberno a Bruxelas, que, de cumprirse, supoñen novos recortes no sistema educativo español. Esta situación evidencia que a recuperación económica difundida polo Goberno non está a chegar ao sistema educativo, que ten unha gran importancia estratéxica para o Estado español ... (LINK á carta)