Admisión de alumnos - E. Superiores de Conservación e Restauraci&o


20 Mai, 2016

Venres 20/05/2016CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17.     Luns 09/05/2016   RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2016/17.    De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010, para o acceso ás ensinanzas superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.    Así mesmo, segundo o establecido no artigo 18.1 da citada orde, poderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica sinalada no artigo 16 da mesma orde, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño.  A inscrición farase na Secretaría da ECRBBCCG, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 13 de xuño, ambos os dous incluídos.    A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios da ECRBBCCG o día 17 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es, o día 20 de xuño.   As probas específicas de acceso comezarán o día 27 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión avaliadora da proba específica de acceso.     Unha vez concluída a proba específica, e antes do 5 de xullo, a comisión avaliadora publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da ECRBBCCG a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas en cada especialidade, ordenadas por puntuación en orde decrecente.    A listaxe de persoas admitidas será comunicada á ECRBBCCG, para a súa publicación no taboleiro de anuncios e na súa páxina web, o día 8 de xullo e exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira semana de setembro.   O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 11 e 15 de xullo, ambos os dous incluídos.              LINK Ó DOG  
historico