Nomeamento de postos de directores dos CIFP


06 Xul, 2016

Mércores 06/07/2016  RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, anunciados pola Orde do 26 de abril de 2016.        Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro.    Venres 06/05/2016 ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.    Para participar nesta convocatoria deberán reunirse os seguintes requisitos:a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.b) Estar en situación de servizo activo.c) Ter unha antigüidade de polo menos tres anos como funcionaria ou funcionario de carreira na función pública docente.   A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.    Os aspirantes deberán xuntar á petición o curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.Non terán que presentarse aqueles documentos xustificativos de méritos alegados e xa achegados polos concursantes para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a través do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais.             LINK Ó DOG 
historico