CELGA - Cursos preparatorios


16 Xun, 2016

Xoves 16/06/2016     RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).    Os cursos impartiranse nas datas, lugares e horarios recollidos no anexo II.    Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.    As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina webhttp://www.lingua.gal, que permite cubrir e editar a solicitude. Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa.   O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.  
historico