Catálogo de postos de traballo 2016


15 Xul, 2016

Venres 15/07/2016    ORDE do 29 de xuño de 2016 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.      1. Modifícanse as unidades e os postos de traballo docentes dos seguintes centros educativos: – Escolas infantís, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e centros públicos integrados que se detallan no anexo             I.– Colexios rurais agrupados, relacionados no anexo II. 2. Supresión de centrosSuprímense os centros que se relacionan no anexo III desta orde.   1. Aos centros que, como consecuencia das modificacións que se sinalan no artigo primeiro, incrementen o número de postos de traballo aplicaráselles o establecido na Orde do 30 de marzo de 1992, pola que se regula a mobilidade das funcionarias e dos funcionarios pertencentes ao corpo de mestras/es nos propios centros por incremento de postos de traballo.Estes novos postos poderaos solicitar o profesorado con destino definitivo no centro que conte coa oportuna habilitación e accedese a este por concursos anteriores ao convocado no curso 1990/91, sempre que non acadase novo posto de traballo nel como consecuencia doutros procesos de adscrición ou de mobilidade no propio centro. Non obstante, poderaos solicitar o profesorado que, estando en posesión da correspondente habilitación, estea adscrito a postos de traballo que se vexan afectados por diminución nun número máximo igual á redución de postos.2. Así mesmo, aplicarase o Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo por parte das funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el.3. Os procesos de mobilidade regulados na Orde do 30 de marzo de 1992 que se produzan como consecuencia desta orde desenvolveranse durante o mes de setembro de 2016 e terán efectos do día primeiro do mesmo mes.  

historico