Programa


03 Mai, 2016

Martes 03/05/2016   Convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a selección de centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que desexen participar no programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”.    Este é un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa, e está dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre 3 e 16 anos.    Consta dunha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e o seu profesorado incorporen o programa e pasen a formar parte da rede de Centros Educación Responsable, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Fundación Botín.    O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 3 de xuño de 2016.     Convocatoria para participar no programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" 
historico