Admisión de alumnos - CMUS


28 Abr, 2016

Xoves 28/04/2016 RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.    a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.   b) A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.    c) A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 6 de xuño, ambos incluído.   d) O día 7 de xuño os conservatorios superiores de música exporán a lista provisoria de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación os días 8 e 9 de xuño.  A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 13 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.ese) As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.   f) A listaxe de persoas admitidas en cada centro será comunicada aos respectivos conservatorios o día 6 de xullo, o alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.                    LINK Ó DOG  
historico