CXT - Resolución definitiva


09 Mai, 2016

Luns 09/05/2016 RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xaneiro)    O profesorado que obtivese destino neste concurso deberá permanecer no seu centro de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.Aos profesores que obteñan destino desde a situación de suprimido ou desprazado, ou que exerzan o dereito de retorno, faráselles constar esta circunstancia na dilixencia de toma de posesión.     Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderá formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.              LINK Ó DOG     RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, do corpo de inspectores de Educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa, e dos corpos que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e de idiomas, convocado pola Orde do 13 de xaneiro de 2016.              LINK Ó DOG   Mércores 04/05/2016 Resolución definitiva do CXT: LINK   ANEXO I Mestres ADXUDICACIÓN DEFINITIVAANEXO II Mestres EN EXPECTATIVA DE DESTINOANEXO III Mestres EXCLUIDOSANEXO I Secundaria ADXUDICACIÓN DEFINITIVAANEXO II Secundaria EN EXPECTATIVA DE DESTINOANEXO III Secundaria EXCLUIDOSInstrucións para a toma de posesión do profesorado
historico