Calendario Escolar curso 2016_17


15 Xun, 2016

Mércores 15/06/2016  ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.   Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017 e en educación secundaria obrigatoria, desde o día 15 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.       No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.   Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos    Períodos de vacacións1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.2. Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.    Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2016/17 se celebrará o 31 de outubro de 2016.    Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primariaPara os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso. ACLARACIÓN DESTE PUNTO por parte da Subdirección Xeral de Persoal:     "O Subdirector Xeral dixo que: só o profesorado con destino definitivo no centro pode obtar á continuidade xa que a Admón considera que o profesorado en situación de  provisionalidade, ten ruptura de servizo no centro o que conleva a non ter dereito a  acompañar aos alumnos no seguinte curso.    
historico