CMUS - Plan de estudos de Dirección e Produción e Xestión


12 Dec, 2016

Luns 12/12/2016       DECRETO 171/2016, do 24 de novembro, polo que se establece o Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Música, nas especialidades de Dirección e Produción e Xestión, e se amplían os anexos do plan de estudos correspondente á especialidade de Interpretación, establecidos no Decreto 163/2015, do 29 de outubro, mediante a incorporación de novos itinerarios.     En consecuencia, iniciada a implantación das ensinanzas artísticas superiores de Música, cómpre agora desenvolver plenamente a normativa aplicable a través do presente decreto, que ten por obxecto establecer, vista a proposta dos centros, o plan de estudos e entre as súas finalidades a de deseñar estes con identidade propia e adaptados ás particularidades dos centros que os imparten, que aproveiten eficazmente os seus recursos humanos e materiais, en función da súa tradición pedagóxica e do seu contorno sociocultural, con criterios de rigor, calidade e excelencia.    A superación das ensinanzas artísticas superiores de Música dará lugar á obtención do título superior de Música, seguido da especialidade correspondente, que queda incluído para todos os efectos no nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior e será equivalente ao título universitario de grao. Sempre que a normativa aplicable exixa estar en posesión do título universitario de grao, entenderase que cumpre este requisito quen estea en posesión do título superior de Música.     

historico