Admisión de alumnos sen bacharel - Ens.Art.Sup.


28 Abr, 2016

Xoves 28/04/2016 RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel.    Convocar a proba de acceso, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2016/17, así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Música.    a) A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive.   b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os centros superiores facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto.    c)  A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.    d) Unha vez concluída a proba, o tribunal publicará a listaxe provisional de persoas que superaron e non superaron a proba, o día 8 de xuño, reclamacións 9 e 10 e listaxe definitivo o 13 de xuño.             LINK Ó DOG 
historico