Plan Proxecta


28 Dec, 2016

Mércores 28/12/2016     RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica a relación definitiva de centros sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2016/17.  Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.  Luns 14/11/2016 Relación de centros admitidos para a participación nos distintos programas educativos durante o curso 2016/17.  Segundo o disposto no Artigo 10.2 da Resolución do 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2016/17, os centros dispoñen dun prazo de 10 días naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Pódense adiantar estas reclamacións ou renuncias a través do correo electrónico planproxecta@edu.xunta.es   Resolución provisional dos proxectos admitidos  Luns 19/09/2016 RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2016/17.    O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro no cal se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega. 1. Nos proxectos interdisciplinares realizados nos centros deberá tomar parte, como mínimo, unha persoa coordinadora e un profesor ou unha profesora. A participación máxima estará delimitada polo establecido especificamente por cada programa educativo.2. O profesorado coordinador e participante deberá ter destino no centro solicitante durante o curso escolar completo.3. Será posible realizar proxectos en que participen varios centros. Neste caso, os centros deben facer cadansúa solicitude na aplicación de xestión (véxase artigo 8). Para os efectos de avaliación terase en conta o proxecto de cada centro por separado, pero valorarase especialmente o esforzo de colaboración intercentros.    1. Cada centro poderá presentar unha única solicitude (anexo I). Cómpre completar o proceso de solicitude coa realización do proxecto de cada programa solicitado a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/. É necesario que conste no anexo I o código do proxecto de cada programa educativo solicitado e comprobar que o seu estado na aplicación figure como «trámite».2. Para cubrir os datos necesarios para obter cada proxecto dos programas que solicita cada centro, o/a director/a ou persoa que o/a substitúa debe cubrir os datos requiridos para cada un dos programas a través da aplicación do Plan Proxecta 2016/17 (http://www.edu.xunta.es/programaseducativos), onde deberá cubrir un proxecto por cada programa en que se desexe participar. En cada un, o/a director/a deberá introducir os datos da persoa que o vai coordinar. A partir deste momento, será esta persoa coordinadora, a través da súa propia conta de usuario, quen cubra o resto de información solicitada.   O prazo para presentarse a esta convocatoria vai desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 15 de outubro de 2016.  

historico