Novas Seccións Bilingües 10-2016


27 Out, 2016

Xoves 27/10/2016 RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a autorización de novas seccións bilingües no curso 2016/17 en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.    Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 107.1, 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa   Venres 09/09/2016 Listaxe definitiva de seccions bilingües admitidas  Listaxe definitiva de seccions bilingües excluídas    Martes 26/07/2016  Listaxe provisional de seccions bilingües admitidas   Listaxe provisional de seccions bilingües excluídas     Luns 25/04/2016 RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2016/17.    Os centros que desexen iniciar a implantación de novas seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude (anexo I, modelo normalizado ED504D) e dirixila á xefatura territorial correspondente, xunto coa documentación que se relaciona a continuación:a) Proxecto de participación no plan, en que se recollan, entre outros aspectos: profesorado e alumnado participante; obxectivos propostos e contidos; etapas e cursos en que se desenvolverá; áreas, materias ou módulos; estratexias metodolóxicas e pautas para a avaliación do proxecto.b) Certificación da aprobación do proxecto polo consello escolar, unha vez oído o claustro.c) Compromiso por parte do profesorado implicado (profesorado responsable da sección e profesorado coordinador) de formar parte do proxecto durante como mínimo dous anos.d) Relación do profesorado da área, materia ou módulo non lingüísticos, xunto coas credenciais de posuír destino definitivo no centro e a titulación que acredite a súa competencia lingüística no nivel requirido (B2).e) Certificación da dirección do centro co número de alumnado que participará nas seccións bilingües que se solicitan.     As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2016.              LINK Ó DOG 
historico