Admisión de alumnos - E. Superiores de Arte Dramática


28 Abr, 2016

Xoves 28/04/2016 RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.    a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en Arte Dramática, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.   b) A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 14 de xuño, ambos incluídos.   c) O día 15 de xuño, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia exporá a lista provisoria de admitidos nas probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación entre os días 16 e 17 de xuño, ambos incluídos. A listaxe definitiva o 21 de xuño.   d) As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.     e) A listaxe de persoas admitidas será comunicada á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia o día 11 de xullo e exposta no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es .     f) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.                         LINK Ó DOG
historico