Admisión de alumnos - Ensinanzas profesionais de artes plásticas e


13 Xun, 2016

Luns 13/06/2016     RESOLUCIÓN do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17. A Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013 (DOG do 25 de marzo), establece o proceso de admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a dirección xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especial, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento do previsto nesa orde.Na súa virtude, esta dirección xeral resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17, que se rexerán polas seguintes instrucións:Primeiro. Modalidades de acceso1. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos e superar unha proba específica.b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.   2. Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior.Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para efectos académicos, e superar unha proba específica.b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezanove anos, ou os dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas, ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.   3. Acceso directo.3.1. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño:a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo; os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.3.2. Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao superior de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.3.3. Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.d) Licenciatura en belas artes.e) Arquitectura.f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.3.4. Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:– Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.       A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.      O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 20 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 26 de xullo para os ciclos de grao medio.      
historico