Licenzas por formación_Resolución definitiva


30 Set, 2016

 ORDE do 19 de setembro de 2016 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario.   O profesorado beneficiario das licenzas por formación queda obrigado ao cumprimento do recollido no artigo 10 da orde da convocatoria, obrigas das persoas beneficiarias, e a respectar o recollido no artigo 12, incompatibilidades. Non cumprir o anteriormente exposto dará lugar á activación do contido do artigo 13 da orde de convocatoria, responsabilidades por incumprimento.     Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.  

 Venres 07/08/2016  Puntuacións provisionais Comunicación do 4 de agosto   

 Martes 21/06/2016   ORDE do 7 de xuño de 2016 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.
   Dirixidas ao persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2016/17 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).c) Persoal interino.    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.  

 Modalidades: 

 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis. Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017).
2. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis. Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017).
3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional. Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:
• a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.• b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.
Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017). 4. Grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional. Duración: de 1 a 3 meses, segundo a valoración do proxecto presentado (entre o 15 de setembro de 2016 e o 30 de xuño de 2017).
5. Proxecto indiviual ou en grupos de traballo de 2 ou 3 membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Duración de 1 a 3 meses (entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2016)

6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario e formación profesional para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües.
Duración: mínima de 1 mes e máxima de 3 meses (do 15 de setembro de 2016 ao 31 de agosto de 2016).
Máis información:
Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 881 99 76 35 / 981 54 65 15 

historico