Adscripción Funcional nos centros de primaria


14 Xun, 2016

Martes 14/06/2016  ADSCRIPCIÓN FUNCIONAL NOS CENTROS DE PRIMARIA    Antes as diferentes interpretacións á hora de elexir curso en primaria debidas ao recollido na "Disposición Adicional Cuarta da Orde que regula o calendario escolar 2016_17 ", ANPE solicitou unha aclaración  na última Mesa Sectorial, celebrada o 7 de xuño de 2016, demandando que se defina con exactitude  quen pode realizar a continuidade de curso (1º - 2º, 3º - 4º e 5º e 6º), contestando o Subdirector Xeral que, só o profesorado con destino definitivo no centro pode obtar á continuidade xa que a Admón considera que o profesorado en situación de  provisionalidade, ten ruptura de servizo no centro o que conleva a non ter dereito a  acompañar aos alumnos no seguinte curso.
   Dende ANPE pedimos á Subdirección Xeral de RRHH que envíe instruccións claras aos centros educativos, de non ser así, aconsellamos aos docentes afectados por este tipo de interpretacións que se poñan en contacto coa Subdirección Xeral de RRHH.
historico