Currículo de Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biom


08 Xul, 2016

Venres 08/07/2016    DECRETO 77/2016, do 28 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico.    A competencia xeral do título de técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico consiste en realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.    As persoas que obteñen o título de técnico superior en Laboratorio Clínico e Biomédico exercen a súa actividade no sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. 
historico