Xoves 03/11/2016 ORDE do 16 de setembro de 2016 pola que se autorizan novos centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Xoves 09/09/2016 Listaxes definitivas de centros admitidos e excluídos á Rede de Centros Plurilingües para o curso 2016-2017. Listaxe definitiva de centros admitidosListaxe definitiva de centros excluídos Martes 26/07/2016 Resolución provisional de centros plurilingües 2016/2017. Listaxe de centros admitidosListaxe de centros excluídos Mércores 30/03/2016 RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de centros plurilingües de Galicia para o curso 2016/17. A presente resolución ten por obxecto realizar a convocatoria para o curso 2016/17 de incorporación dos centros docentes de educación primaria e de educación secundaria sostidos con fondos públicos á Rede de centros plurilingües de Galicia. Os centros que desexen incorporarse á Rede de centros plurilingües de Galicia deberán facer a correspondente solicitude (anexo I, modelo normalizado ED531A) e dirixila á xefatura territorial correspondente, e achegar a documentación que se relaciona a continuación:a) Proxecto de desenvolvemento do programa plurilingüe en cada un dos cursos da etapa para a que se propoña, con indicación do curso ou cursos de aplicación no ano académico 2016/17 e planificación da extensión na etapa nos seguintes anos académicos.b) Relación de áreas ou materias que se impartirán en lingua estranxeira, con indicación desta.c) Información relativa á experiencia en plans e/ou programas relacionados coas linguas estranxeiras en que participou o centro.d) Certificación da aprobación do proxecto polo Consello Escolar, oído o Claustro de profesores e profesoras.e) Relación do profesorado con destino definitivo no centro, ou profesorado contratado no caso dos centros concertados, que impartirá docencia, xunto coa titulación que acredite a súa competencia lingüística. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de abril de 2016. LINK Ó DOG historico
WEB - Listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2016/2017
Xornadas de formación do profesorado organizadas por ANPE Lugo. Esta actividade de formación está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.
DOG - RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2016, pola que se fai pública a autorización de novas seccións bilingües no curso 2016/17 reguladas pola Orde do 12 de maio de 2011.
DOG - ORDE do 13 de outubro de 2016 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17