Convocatorias - PIALE


30 Mai, 2016

Luns 30/05/2016  Listaxes definitivas   Mércores 18/05/2016   Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas do programa Piale 2016. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 23 de maio de 2016.   Unha vez que a reclamación sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas.   No caso de remitir a documentación por correo postal, deberase dirixir ao seguinte enderezo:Servizo de Formación do ProfesoradoD.X. de Educación Formación Profesional e Innovación EducativaConsellería de EducaciónEDif. Adm. San CaetanoSan Caetano s/n15781 Santiago de Compostela    Martes 29/03/2016 ORDE do 15 de marzo de 2016 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2016.    Modalidade 1: inmersión. Itinerario formativo en tres fases.a) Fase A (75 horas): curso de formación en inglés na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá lugar en período lectivo, con substitución do             profesorado  que realice esta actividade formativa.b) Fase B (75 horas): inmersión no país falante da lingua estranxeira de ensino e aprendizaxe, cunha duración de tres semanas, que se realizará no mes               de  xullo de 2016 nun dos seguintes países: Reino Unido, Canadá ou Estados Unidos.c) Fase C (25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información, que se realizará no primeiro trimestre do curso 2016/17. Modalidade 2: integración. Itinerario formativo en dúas fases.a) Fase de integración (100 horas): programa de inmersión total en inglés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas,                en  centros escolares de Canadá ou Portugal.b) Difusión da experiencia adquirida. O profesorado participante deberá presentar un plan de difusión, cando menos no seu centro de destino()       Modalidade 3: cursos. Itinerario formativo en dúas fases.   a) Fase de formación (50 horas): convócanse os seguintes cursos de lingua estranxeira, que se desenvolverán nos meses de xullo e /ou agosto de 2016:1º. Curso de dúas semanas para profesorado especialista de inglés de ensino primario e secundario no Reino Unido.2º. Curso de dúas semanas para profesorado especialista de francés de ensino secundario e primario en Francia.3º. Curso de francés en Francia de dúas semanas de duración para profesorado non especialista de lingua francesa de ensino       secundario e primario. Este profesorado deberá acreditar un nivel B2 en lingua francesa do Marco común europeo de         referencia para as linguas.4º. Curso de portugués en Portugal de dúas semanas de duración para profesorado especialista e non especialista de lingua       portuguesa de ensino secundario e primario. Este profesorado deberá acreditar un nivel B2 de lingua portuguesa do          Marco común europeo de referencia para as linguas.5º. Curso de alemán en Alemaña de dúas semanas de duración para profesorado especialista e non especialista de lingua      alemá de ensino secundario e primario. Este profesorado deberá acreditar un nivel B2 de lingua alemá do Marco          común europeo de referencia para as linguas.b) Fase de elaboración de materiais (25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información no primeiro trimestre do curso 2016/17.    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.                    LINK Ó DOG 
historico