Currículo de Técnico Superior en Deseño e Edición de


06 Xun, 2016

Luns 06/06/2016      DECRETO 58/2016, do 14 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.    A competencia xeral do título de técnico superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia consiste en deseñar produtos gráficos, envases e embalaxes, editar publicacións impresas e electrónicas, xestionar e controlar a produción editorial, realizando a publicación e o servizo de atención á clientela, aplicando os protocolos de calidade, seguridade e prevención de riscos laborais, e asegurando a súa funcionalidade e o respecto polo ambiente.     As persoas que obteñen o título de técnico superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia exercen a súa actividade en editoriais, en empresas de publicacións multimedia e de artes gráficas, en empresas de servizos gráficos integrais, de comunicación e de publicidade, así como noutras empresas como as dedicadas ao envasamento e á embalaxe (packaging) que teñan seccións de deseño estrutural de envases e embalaxes.                      LINK Ó DOG 
historico