Ensinanzas deportivas (07/2016)


06 Xul, 2016

Mércores 06/07/2016    RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17.    Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio e Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.     A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI.     O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 21 de xullo de 2016.    Para a formalización das solicitudes de inscrición para as probas os centros facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Tamén poderá utilizarse o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es . Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro.     A relación provisional de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 27 de xullo, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisorias a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude desde o día 28 ao 29 de xullo e a relación definitva o 1 de agosto.    O prazo de matrícula dos/as aspirantes que superen as probas de acceso abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 26 de setembro.  
historico