Prácticum - Máster en profesorado de secundaria


17 Nov, 2016

Xoves 17/11/2016    Listaxe definitiva de persoas acreditadas como coordinadoras e titoras    Venres 07/10/2016     Listaxe provisional de centros e persoas coordinadoras e titoras    Martes 13/09/2016   RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.    Os centros e as persoas, coordinadoras e titoras, que desexen acreditarse para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en profesorado deberán solicitar a súa alta á Dirección do centro, que rexistrará todos os interesados, aínda que en anos anteriores estivesen acreditados, na aplicación Xade, seguindo o itinerario: Profesorado?Datos profesionais?Traballo no centro, onde existirán dúas opcións: Coordinador prácticum máster profesorado e Voluntario para titorizar prácticum máster profesorado.Cada centro terá un só coordinador, que será o director do centro, ou por delegación súa, a persoa encargada da Xefatura de Estudos ou, excepcionalmente, unha das persoas titoras de prácticas.Ademais, a Dirección do centro ou, por delegación súa, a persoa encargada da Xefatura de Estudos, ou da Secretaría, asinarán e remitirán ao enderezoformacion.fprofe@edu.xunta.gal unha listaxe coas persoas que participan que poderán obter directamente da aplicación Xade.    O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e rematará o día 3 de outubro de 2016. Terán ata o 4 de novembro de 2016 para realizar as alegacións que consideren ás listas publicadas. 
historico