ANPE pide na Mesa Sectorial : adiantar as datas da avaliación de secundar


07 Xun, 2016

Martes 07/06/2016   Ante un exemplo máis de falla de planificación a que nos ten acostumados a Administración galega,    ANPE pide na Mesa Sectorial unha adianto das datas de avaliación para os días 21 ou 22 de xuño ao coincidir no día 23 o inicio dos procesos selectivos con avaliacións finais como así se recolle no punto 3.1 da  Orde do 8 de xuño de 2015 que regula o  calendario escolar "As sesións de avaliación final do alumnado da ESO, do primeiro curso de bacharelato, do primeiro curso da formación profesional básica, do primeiro curso dos ciclos formativos de formación profesional no réxime ordinario e dos ciclos formativos no réxime de persoas adultas deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2016".Esta confluencia de datas faría inviable a celebración das sesións de avaliación xa que os centros educativos se quedarían baixo mínimos polo elevado número de profesorado interino que hai neles e que teñen a obriga e o dereito de presentarse aos procesos selectivos.    ANPE pide na Mesa Sectorial que non se aplique a nova orde de avaliación de primaria ainda por publicar no DOG ata o vindeiro curso.    Por outra banda, tamén solicitaremos a revisión de datas de devolución de libros de texto para evitar importantes disfuncións na xestión dos mesmos.