Confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para 2020


23 Xan, 2020

DOGORDE do 14 de xaneiro de 2020 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020.

As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006, do 13 de setembro de 2018, e polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.

De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto tres desta instrución.

ANEXO V

Inspectores de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

1º. Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico (a única parte de suba por parte da administración galega):

Inspectores de educación A1 26 - 746,72€

Catedráticos de música e artes escénicas e catedráticos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño A1 26 - 687,36€

Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas A1 24 - 634,18€

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño A2 24 - 634,18€

Mestres A2 21 - 634,18€

Nos meses de xuño e decembro aboarase para todos os funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto cuarto, número 3, desta orde

(ESIXIMOS PAGAS DOBRES COMA NO ANO 2009)