Plan de mellora de Bibliotecas Escolares


02 Out, 2015

Venres 02/10/2015   ORDE do 24 de setembro de 2015 que modifica a Orde do 1 de setembro de 2015 pola que se resolve o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2015/16.    Detectado un erro na distribución do orzamento dispoñible para os 31 centros de nova incorporación, procedeuse a unha nova asignación de contías destinadas a estes centros.        LINK Ó DOG    Xoves 09/07/2015 Relación de centros que se incorporan, en virtude da resolución provisional, ao Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2015/2016, segundo o contemplado na Orde de 30 de marzo de 2015 (DOG de 15/04/2015).    Resolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2015/2016     Mércores 15/04/2015    ORDE do 30 de marzo de 2015 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2015/16.    Solicitudes e prazo de presentación1. Os centros do Plambe_1 a Plambe_9 (convocatorias dos anos 2005-2013) deberán cubrir a solicitude no anexo I, indicando se desexan continuar ou non no programa, e definir, segundo o anexo VIII, as liñas prioritarias de actuación na biblioteca escolar, para o curso 2015/16. A súa continuidade no Plan de mellora dependerá, en calquera caso, da valoración positiva da memoria correspondente ao presente curso 2014/15.2. Os centros do Plambe_10 que foron integrados neste programa na convocatoria do ano 2014 presentarán a solicitude de confirmación (anexo I), e deberán definir, así mesmo (segundo o anexo VIII), as liñas prioritarias de actuación na biblioteca escolar, para o curso 2015/16. Incluirán tamén a documentación recollida nos anexos V e VI.3. Os centros que opten por primeira vez á súa inclusión no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2015/16 presentarán as solicitudes, segundo o modelo de instancia que figura como anexo I á presente orde.     O prazo límite de presentación de instancias será dun mes.         LINK Ó DOG  
historico
historico
historico
historico